Anxo Boán Rodríguez
Biografía
ANXO BOÁN RODRÍGUEZ Naceu en abril do ano 1961 no lugar de Sandiás de Vilaúxe, Chantada. Alí trans-curriu a súa infancia, no mundo rural, omnipresente na súa obra literaria. Na actualidade exerce a avogacía na vila de Chantada onde quedou a vivir. Na súa xuventude foi premiado por un certame literario convocado pola asociación A.C. Lumieira cunha obra de teatro titulada Traxicomedia de Luis e Margarita (1976). No mesmo ano foi premiado por outro certame convocado polo Círculo Recreativo e Cul-tural de Chantada coa obra tamén de teatro Nadal Tráxico (1976) e no ano 1980 foi premiado polo I.N.M.B de Chantada, polo poema Camiñando de noite. (1980) Xa na súa madurez, gaña no ano 2001 o premio “Xohán de Requeixo”. No 2004 publica o seu primeiro libro de poesía As Árbores das idades (2004) A partir de entón seguen diversas colaboracións coa revista “Xistral” e co diario “El Progreso”. No ano 2011 gaña o premio de xornalismo “Moncho do Pío” por un artigo no Xornal “El Progreso” sobre a muller traballadora na Ribeira Sacra chantadesa. No ano 2016, publica o seu segundo poemario con Limiar de Xosé Lois García titulado Poemas para unha alma ferida (2016) a la que sigue en el mismo año la publicación de "As Cousas do Fuco" (2016),en el año 2017 el poemario "CORENTA SONETOS DE AMOR E CONFORTO" No ano 2018 publica o poemario "Déixame a lúa acesa", ademáis de libros colectivos como poden ser portugalicia, coletanea luso galaico, ou na revista lucense de poesía "Xistral". En teatro leva escrito "Traxicomedia de Luis de Margarida", "Nadal tráxico" "O Tiu Pepe da Veiga" e "O can que fala".