Análise da sociedade galega
- Autor: Xosé Gabriel Vázquez
- Género: Ensayos y Biografías
- ISBN: 1797886290
- Nº Páginas: 157
- Encuadernación: Tapa dura
- Formato eBook: ePub
- Año: 2009
A auténtica conclusión deste ensaio, se é que tiver algunha, sería en forma de concepto ou imaxe que lograse transmitir a información pretendidamente obxectiva sobre este colectivo social, como é o que conformamos os galegos. É dicir, máis do que eu poida dicir ao respecto, a demostración do aquí exposto debería medirse polo efecto ou non que teña (por exemplo sobre o lector) á hora de conformar unha idea ou concepto real sobre os galegos, como ente propio (con as súas accións e interactividades específicas) dentro da configuración xeral da rea- 134 · Análise da Sociedade Galega lidade social. Na medida que poida ou non transmitir esa imaxe e, ademais, esta se achegue á realidade, entón teranse cumpridos os obxectivos deste traballo.